Os 250 participantes da Deporuta BTT recorreron os 30 Km. disfrutando dun día con unha climatoloxía ideal.
Debido a que, coas bicicletas, é moi complicado pasar pola zona da beira do río Umia, o trazado desviouse polas pistas da parcelaria que van paralelas ó cauce. Nalgunhas outras zonas, o recorrido tamén se variou do previstos para os sendeiristas, para mellorar a seguridade dos ciclistas.

BTT -Paso pola zona da Fonte das Hortas
Saindo de Sabucedo ás 9:30 horas, pedalearon polas pistas de Quireza cara o Outeiro de Pena Cebral. Despois, xa en terreos da parroquia deCodeseda, baixaron pola Fervenza das Quintas e foron hacia a Ponte de Campos, para toparse co río Umia no refuxio de Abragán.

Parada na Carballeira da Feira
De alí foron polas pistas que van paralelas ó río en Fontelo e Filgueiras, para dirixirse despois cara a carballeira da Sagrada, onde se estableceu o punto de avituallamento intermedio.
A estrada xeral cruzárona pola ponte de Paraños e, indo por debaixo do Outeiro, chegaron ata Marcenlos. A subida para Trabadela, fixérona polo antigo camiño que iba á Ansán, e despois cruzaron as milenarias carballeiras de Porto Bó e Os Rasteiros para dirixirse á capilla da Grela.

Camiño de Marcenlos a Trabadela
Despois de chegar á Portela, cruzaron de novo a estrada xeral con total seguridade polo tunel que vai cara Vilaboa e findo polo camiño vello cara Sabucedo, remataron a súa participación.