Joau Manuel, Pedro Miguel, Jaime e Paulo Jorge iniciaron a súa peregrinación en Braga o luns 28. Montados nas súas bicis pasaron polo Mosteiro de Rendufe, Santiago de Caldelas, Santa Cruz, Terras de Bouro, Campo do Gerés e, cando xa levaban máis de 50 km percorridos, atravesaron a Mata da Albergaria, un dos máis importantes bosques do Parque Nacional da Peneda Gerês (PNPG) e unha das zonas máis vistosas da Geira, antiga calzada romana que unía «Bracara Augusta» (Braga) e «Astúrica Augusta» (Astorga).
Portela do Home, Lobios, Entrimo e a Ameixoeira foron os seguintes pobos polos que pasaron antes de facer noite en Castro Laboreiro.
No día seguinte, foron capaces de chegar ata Soutelo de Montes, despois de pasar por Azoreira, San Amaro, Cortegada, Ribadavia, Beade, Berán, Pazos de Arenteiro, Feás e Beariz.
O mércores afrontaron a súa última etapa e, tras pedalear por Cachafeiro, Codeseda, A Estrada e Pontevea chegaron á súa meta, Santiago de Compostela.
Carlos, Gonçalo e dous peregrinos chamados Antonio elexiron peregrinar a pé
Para hoxe sábado teñen previsto durmir en Codeseda outros 11 peregrinos que veñen en bicicleta.
Colaboran na información as asociacións Codeseda Viva, Can de San Roque e Entre as Pontes.