Reto Codeseda Sabucedo (ruta de senderismo)
A Asociación Codeseda Viva, en colaboración co Concello de A Estrada e veciños de Rivela e a Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, andamos a preparar unha ruta de sendeirismo de polas nosas parroquias.
O proxecto nace no ano 2013 e durante 2014 foille presentado ó Concelleiro de Turismo do Concello de A Estrada.
A finais do ano 2015 e, tras analizar máis de 100 kms. de posibles camiños, logramos presentarlle á Federación Galega de Montañismo o proxecto para a homologación definitiva.
Durante o tempo de preparación fóronse estudiando numerosas posibilidades, todas elas encamiñadas a pasar polo maior número de puntos de interés, pero con un coste de elaboración razonable.
No camiño definitivo quedaron incluídas a igrexa de Codeseda e o seu ábside románico, o refuxio de pescadores, moitos dos muiños e pontes do río Umia e doutros ríos da zona, a capilla da Grela, o curro da Rapa das Bestas de Sabucedo e as fermosas vistas panorámicas desde o montes das Quintas, dende onde se pode ver a cidade de Santiago de Compostela. Varias fontes existentes á beira da ruta servirán para saciar a sede dos camiñantes.
O paso polo acueducto da Presa de Leira quedou descartado debido á fraxilidade da construcción.
O recorrido hasta o lagar de Sidra Ribela, no lugar de Trabadela era outro dos obxetivos iniciais, pero finalmente obtouse por deixalo sinalizado desde o punto de paso máis cercano situado a uns 800 metros..
O recorrido do anel periférico vaise alargar uns 30 kms e contamos que deixe un grato recordo na memoria dos sendeiristas máis avanzados.
Para aqueles que prefiran distancias mais cortas vaise configurar un atallo desde a Capela de A Grela ata a Sagrada, de forma que se poida facer de maneira independiente calquera das dúas metades resultantes.