É habitual que grupos de sendeiristas acudan ó #retoCodesedaSabucedo a desfrutar dun entorno privilexiado. Na parte baixa está o río Umia e algúns dos seus afluentes. A parte alta está adornada coa capela da Grela, o curro de Sabucedo e o monte onde pacen libres os cabalos da Rapa das Bestas.
O que é menos habitual é que estes sendeiristas relaten nas redes ou en webs a súa aventura, máis de cando en vez atopámonos con algún grupo que sí o fai. Este é o caso do colectivo Sendeando, procedentes de Vigo, e que completaron a círculo A Sagrada, A Grela, Sabucedo, As Quintas e regreso do PRG-197 #retoCodesedaSabucedo.

En total foron uns 18,5 km que completaron en 5 horas e 40 minutos.
Nesta web podedes ver o seu relato: