Andaina organizada por Toni de Senderuta (A Estrada) na ruta de sendeirismo #retoCodesedaSabucedo
Terá lugar o sábado 8 de octubre e sairá da Carballeira da Feira de Codeseda ás 09:45 horas.
O recorrido
De Codeseda sairase por Fontenlo, Campos e Fragoso hacia Souto e logo xirárase á dereita cara A Zapateira. Dende alí subirase 6 kms. pola beira do Río Umia ata chegar a Marcenlos, onde abandonaremos o río e subiremos polo monte hacia Trabadela, xa na parroquia de Rivela.
Despois chegaremos ás carballeiras de Porto Bó e, tras cruzar o seu pequeno regato, iremos cara A Grela.
Dende alí, aqueles que non se animen a completar os 30 kms. poderán regresar xa cara Codeseda, completando así unha camiñata duns 14 kms.
@s que opten por andar os 30 kms. de A Grela irán cara A Portela, Vilaboa e chegarán o curro da Rapa das Bestas de Sabucedo. Tras atravesar este pobo, que ten un pequeno pero moi acolledor bar no que poderán recobrar forzas, subirase cara O Peón, mítico monte onde viven ceibos cabalos e vacas salvaxes. Xa na baixada cara o punto de inicio pasaráse entre carballeiras polo regueiro das Quintas e finalizarase pasando pola parte traseira da ábside romana da igrexa de Codeseda.
O precio e de 5€/persona e inclúe seguro individual de accidentes.
Se te atreves co reto podes anotarte en:
- mail: senderuta03@gmail.com
- teléfono 629 577 246