Os problemas de subministración detectáronse na mañá do luns e o servizo quedou restablecido onte – A demanda chegou nun día aos 60m3, fronte a media de entre 10 e 15
Codeseda xa viviu o primeiro corte do ano na súa rede municipal de abastecemento de auga. A situación detectouse á primeira hora da mañá do luns, cando comezou a percibirse nalgúns fogares falta de presión de auga. Chegada a tarde, as billas quedaron sen pinga, algo que non sucedía desde xullo de 2019. A situación prolongouse durante horas, comezando a recuperarse o servizo na mañá de onte.Leer más